Crónica do primeiro Congreso da Federación Estudantil Libertaria

Durante a fin de semana dos días 11, 12 e 13 de marzo transcorreu entre o Ateneo Libertario de Villaverde e o Centro Sociocultural Ágata (Madrid) o primeiro congreso da Federación Estudantil Libertaria, tras realizarse en xullo de 2014 o Congreso fundacional da mesma, onde distintos colectivos decidiron organizarse en común en torno a unha Federación.

O Congreso serviu como espazo de debate entre a militancia, xa que se analizaron as diferentes realidades locais co o obxectivo de formar unha visión global das loitas nas que participan as agrupacións da FEL. A partir desta análise establécese un debate en torno a como afrontar a realidade desde unha perspectiva revolucionaria, que accións tomar hoxe para facer camiño cara a unha sociedade de persoas libres e iguais, co mundo do ensino como un medio indispensábel para transitar cara aos nosos anhelos de liberdade. Froito destes debates actualizase e establecese a Liña Xeral de Actuación da Federación, as propostas estratéxicas que desenvolverán as agrupacións no seu ámbito. A estratexia colectiva que sustenta o proxecto político da FEL, revalidando o noso compromiso por unha educación universal, gratuita e crítica, fomentando as loitas desde un movemento estudantil autónomo e combativo e coa Xestión Comunitaria como idea forza a medio prazo.

Ademais de cuestións relacionadas con a loita cotidiana, o Congreso tamén serve para actualizar e adaptar a estrutura da Federación ás necesidades do momento. Desta maneira, as agrupacións apostaron por fortalecer a organización, sen deixar de lado a acción local. Atopar o equilibrio entre a estrutura federal e o traballo local foi un dos grandes eixos de debate.

Este encontro tamén resultou fundamental para estreitar lazos entre a militancia da Federación. Unha militancia cambiante debido ao carácter cíclico do estudante, pero unha militancia renovada e comprometida con un proxecto común. Fíxose patente a importancia dada a esta cohesión entre compañeiras, ao coidado e apoio mutuo de portas para dentro, fundamental para poder levar a cabo unha militancia sa, onde as distintas sensibilidades poidan sentirse cómodas e integradas.

Non podemos esquecernos de agradecer enormemente o seu traballo á agrupación de Villaverde da FEL, que cargaron con grande parte do peso organizativo por facer de anfitrións, á CNT de Villaverde por cedernos o seu espazo e tramitarnos a solicitude do Centro Sociocultural Ágata, onde tivo lugar parte do Congreso, e ao propio Centro Sociocultural polo espazo e darnos todas as facilidades. Tamén agradecer o apoio recibido desde outras organizacións como Embat, Ikasle Abertzaleak, Sindicat d’Estudiants dels Països Catalans ou a Federación Anarquista de Gran Canaria.

Con todo isto asumimos con orgullo e alegría a tarefa que nos impuxemos: a construción de un ensino que nos axude a transformar radicalmente a sociedade, non a perpetuala.

Villaverde, marzo de 2016

Arriba as que loitan!

Comparte