1 DE MAIO: PODER POPULAR EN TODAS PARTES

Este é o comunicado que distintas organizacións libertarias( Embat, organització llibertària de Catalunya , Apoyo Mutuo e Nazarí) sacamos conxuntamente para o 1º de Maio.
Arriba a nosa loita compañeiras!
O primeiro de maio é o día tradicional da clase traballadora. Celébrase dende hai máis de un século en recordo dos “mátires de Chicago, militantes obreiros que loitaron pola xornada de 8 horas. No estado español as 8 horas de xornada laboral implantaronse a raíz da poderosa folga de “A Canadense” en 1919, en un ano de importantísimas loitas sindicais e sociais. Hoxe en día, en tempos de recortes e de retrocesos dos dereitos sociais, esta xornada non é sequera respetada. Horas extra, xornadas partidas, pluriemprego para chegar a fin de mes, desemprego masivo, temporalidade xeneralizada: así é o panorama laboral.
As clases populares vivimos en unha constante loita contra a precariedade a todos os niveis. O emprego xenerado nos últimos anos é prácticamente todo de carácter temporal, o que implica cada vez peores condicións laborais. Unha de cada cinco persoas activas está no paro. Pero é que das outras catro hai dúas encadeando un traballo temporal tras outro, e outra de esas cinco está encadeada a un emprego cubrindo xornadas inacabables.
  • A situación para a xuventude traballadora, a suposta xeración mellor preparada e calificada da historia, enfrentase a unha tasa de paro tan grande que implica que a metade da xuventude non pode atopar traballo. E isto sen contar con que a cantidade de xovenes que estudan ou se atopan inscritos a incontables cursos de formación que maquillan os datos de desemprego. O resultado é coñecido: vivir da familia ata idades tardías, subsistir a duras penas a base de traballos precarios ou a emigración en busca de outros futuros. En calquera caso, a falta de perspectiva fai moi dificil poder proxectarse cara o futuro e fai patente a sensación de estancamento.
  • Un sector con frecuencia esquecido é o pensionista. Ben por xubilación, ben por enfermidade ou dependencia, é unha parte da poboación que hoxe en día, en plena crise, atura o peso económico de moitas familias e tamén contribúe aocoidado do seus netos e netas cando os seus fillos e fillas non a poden levar a cabo as súas fillas e fillos. Ademais, en estes últimos anos, a caixa das pensións serviu para tapar os despilfarros do capital, algo que, sen dúbida, traerá consecuencias moi negativas de cara o futuro. Entendemos estes recortes como ataques contra a nosa esperanza de de vida..
  • A muller traballadora é a que sae peor parada de todo este contexto. As cifras máis altas de paro que se dan en este colectivo, sempre con tasas superiores a dos homes. A muller atopa maiores dificultades á hora de acceder a un posto de traballo polo “risco” (para o capitalista) de que sexa nai. Ademais, no caso de ter un emprego, xeralmente cobrará menos que o seus compañeiros varóns. Somos o sustento das familias, e non poucas veces temos que afrontar soa a crianza das fillas e o coidado dos nosas maiores.
Todos estes ataques económicos contra a clase traballadora retroaliméntanse con outros ataques políticos e culturais, que incluso negan a nosa propia existencia como clase. Agora, baixo o neoliberalismo máis cruel, todas somos clase media e quen é pobre o é pouco menos “porque o merece”. Esta ideoloxía deixa entrever que quen se fai rico, os emprendedores, tamén o merecen, aínda que sepamos que a súa riqueza nace do noso traballo, da nosa falta de dereitos ou de que se salten os que aínda conservamos, e cando non, da corrupción, o engano e o roubo sistematizado.
O avance do capitalismo non tería sido posible sen os grandes sindicatos maioritarios, xa que as súas élites a lo menos, foron e son igualmente partidarias da doutrina neoliberal. A maior vitoria do capitalismo foi converter aos seus antagonistas nos seus defensores, e haber dado a entender que non existe outro mundo posible.
Pero a crise que hoxe en día nos azouta non é unha puntual da que pronto sairemos, como vaticinan os voceiros mediáticos do réxime, se non a expresión de unha crise do sistema, de civilización que se extenderá irremediablemente ao longo das vindeiras décadas. NOn podemos perder de vista que vivimos en un mundo finito, con recursos limitados e que se están a esgotar algúns deles, coma o petroleo, vital para os procesos de acumulación capitalista.
Dende esta perspectiva, de que o propio capicapital leva achegándose cada vez máis  ao precipicio e que, sen dúbida, acabará arrastrandonos na súa caida, temos que ser conscientes de que debemos articular as resistencias e apostas políticas dende xa, xa que logo de iso dependerán os escearios no que nos movamos en adiante.
O un de maio representa unha data importante. É un día no cal rememoramos as conquistas obtidas a través da loita e tomamos conciencia coa nosa dignidade, de que somos nós as que movemos o mundo, as que facemos a economía real, as que sostemos a vida frente a maquinaria de morte que sostén ó sistema. Dende este empoderamento que nos da saber o que somos e o que podemos ser, de ir desenvolvendo políticas que poñan a economía ao servizo das persoas, que poñan a vida, e non o beneficio, no centro. Unha vida que pague a pena ser vivida e que polo tanto non sexa a costa doutras persoas nin do planeta, que a fin de contas é a nosa casa común.
Por iso temos que organizarnos cada vez máis e mellor, e a tódolos niveis. Dende coletivos de barrio, feministas, de mocidade, centros sociais e ateneos, redes e organizacións políticas e por suposto tamén sindicatos de clase, entre os que sería desexable unha maior capacidade de confluencia. Só entre todas, xerando poder popular, seremos capaces de facer fronte ao que vén e estaremos xa ensaiando a construción dunha nova sociedade libre, igualitaria, solidaria e verdadeiramente democrática.
Viva o Primeiro de Maio!
Participaremos en tódolos actos e manifestacións!
Comparte